Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo acompaña a ALUME na celebración dos seus 30 anos de compromiso coa saúde mental

ALUME
Pablo Rivera Capón

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo RiveraCapón, asistiu este mércores pola tarde ao acto organizado pola Asociación Lucense de Axuda a Enfermos Mentais (ALUME) no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), con motivo da conmemoración do seu 30º aniversario.

 

A Deputación de Lugo amosa así o seu apoio e recoñecemento ao labor que desenvolve ALUME desde a súa creación, “un traballo fundamental no eido da saúde mental e da inclusión social das persoas”. “Apoiamos e colaboramos co colectivo dende hai anos, contribuíndo ao desenvolvemento das súas iniciativas e programas orientados á mellora da calidade de vida das persoas con enfermidade mental e das súas familias”, afirmou o Deputado.“Reafirmamos o noso compromiso coa saúde mental e co apoio aos colectivos sociais que, como ALUME, traballan por unha sociedade máis xusta, inclusiva e solidaria”, indicou Rivera Capón.

 

A entidade lucense leva tres décadas fomentando a autonomía persoal das persoas usuarias, favorecendo a adherencia aos tratamentos, o coñecemento das enfermidade se o adestramento das habilidades cognitivas e sociais. Todas as súas actividades teñen un carácter rehabilitador, centrado en orientar, acompañar e apoiar ás persoas con trastorno mental no desenvolvemento da súa vida diaria.

 

O acto, conducido por Paco Nieto, contou cunha conferencia do psiquiatra Javier Quintero e coa música de Tradescola.