Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación apoia o encontro formativo sobre pastoreo e gandería extensiva organizado pola SGPF o 23 e 24 de outubro en Lugo

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
RURAL
SOCIEDADE GALEGA PASTOS E FORRAXES
GANDERÍA EXTENSIVA
PASTOREO

 A Sociedade Galega de Pastos e Forraxes celebra os vindeiros 23 e 24 de outubro a súa décima reunión de outono, un encontro formativo que conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e que se centrará na recuperación do territorio co pastoreo e a gandería extensiva.

O Salón de Actos da Escola Politécnica de Lugo acollerá a actividade, na que se presentarán unha ducia de experiencias de gandería extensiva em distintos puntos de Galiza e se contrastarán com proxectos doutros puntos do Estado como a Escola de Pastors i Pastores de Cataluña.

Ao longo da xornada, avaliaranse tamén as posibilidades que a gandería extensiva abre para o relevo xeneracional nas ganderías, o papel dos concellos no dinamismo rural ou da Escola Politécnica como vía de entrada ao sector agrogandeiro.

O deputado de  Rural Daniel García destacou a “a oportunidade de formación e intercambio de coñecementos entre gandeiros e gandeiras que supoñen estes encontro da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes,  nesta ocasión arredor dun modelo produtivo que apoiamos de forma transversal desde a área de Rural com distintos programas e liñas de axuda”.

Programa