Deputación de Lugo

A Deputación participa na xornada inaugural das San Lucas de Mondoñedo, que combinan ata o día 20 actividades para todos os públicos

carmela lópez
SAN LUCAS MONDOÑEDO
cultura
tradicional

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno e o Deputado de Medio Rural e do Mar e Mocidade, Daniel García Fernández, asistiron este xoves na casa consistorial de Mondoñedoao acto de apertura das festas das San Lucas, que se celebrarán neste municipio mariñán ata o próximo 20 de outubro. Esta primeira xornada contoucun xantar para as persoas maiores do municipio, xogos populares na Praza JaimeCabot, o pregón a cargo do mindoniense Carlos Folgueira e diferentes actuacións musicais.


Esta emblemática cita continuará ata o 20 de outubro e a programación inclúe actividades pensadas para todos os públicos como: unha homenaxe ao artista Xosé Vizoso, a feira de gando cabalar, espectáculos infantís, un concurso morfolóxico, e actuacións de doma nocturna, entre outras moitas propostas.