O Presidente acende o Nadal en San Marcos
“Queremos contribuír nestas datas tan sinaladas a encher de vida e ilusión esta céntrica praza da capital, ao mesmo tempo que resaltamos a importancia deste emblemático edificio da provincia”, sinalou o mandatario provincial
Previamente, os pequenos e pequenas participaron no Salón de Actos da institución na presentación do último libro dos Bolechas Unha viaxe por Lugo. Unha provincia natural, onde recibiron un exemplar cada un “para coñecer e valorar a provincia a través desta nova aventura da coñecida serie infantil”, subliñou Tomé Roca
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, prendeu este xoves pola tarde o alumeado e decoración navideña da sede provincial nun acto na Praza de San Marcos. Á cita achegáronse decenas de nenos e nenas, empregados provinciais e veciños e veciñas, que desfrutaron dun ambiente festivo e cheo de ilusión coa participación dos Bolechas e coa interpretación de panxoliñas interpretadas polo Orfeón Lucense.
O Presidente destacou que que a iluminación do edificio combina tecnoloxía LED de alta eficiencia, que permite un maior aforro enerxético e económico, co deseño pensado para animar á cidadanía a visitar o centro de Lugo e apoiar ao comercio local. “Queremos contribuír, nestas datas tan sinaladas, a encher de vida e ilusión esta céntrica praza da capital, ao mesmo tempo que resaltamos a importancia deste emblemático edificio da provincia”, subliñou o mandatario provincial.
No acto, estiveron presentes tamén Deputados provinciais; a Tenente de Alcalde e Concelleira de Xestión Integral de Recursos Internos do Concello de Lugo, Ana González Abelleira; a Subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López Rodríguez; e alcaldes, alcaldesas e representantes municipais de toda a provincia.
A provincia de Lugo, protagonista do último libro dos Bolechas
Previamente ao acendido, os rapaces e rapazas participaron no Salón de Actos da institución provincial na presentación do último libro dos Bolechas, Unha viaxe por Lugo. Unha provincia natural, que promoveu a Deputación de Lugo. “A través desta nova aventura da coñecida serie infantil buscamos que os máis pequenos coñezan e valoren a provincia de Lugo dun xeito divertido e próximo”, indicou o Presidente quen engadiu que a riqueza paisaxística, patrimonial, natural e cultural da provincia, lembrando que moitas veces non somos conscientes da sorte que temos”.
A publicación percorre distintos puntos da provincia, desde a Ribeira Sacra e Os Ancares ata A Chaira e A Mariña, pasando pola cidade de Lugo. Así mesmo, mostra as dúas Reservas da Biosfera xestionadas pola Deputación: Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, auténticas xoias naturais recoñecidas mundialmente. “Trátase de que os máis novos descubran lugares novos, medren coa conciencia de que Lugo é un territorio único e aprendan a coidar e valorar o seu entorno día a día”, engadiu Tomé Roca.
Ao remate do acto, cada neno e nena recibiu un exemplar do libro, co que poderán continuar explorando a provincia coa súa familia ou cos amigos. Ademais, todos os asistentes levaron unha mochila da Deputación con lapis de cores.