Deputación de Lugo
Infraestruturas
Parque móbil

A Deputación aproba investimentos por 1M€ para mellorar a mobilidade na provincia

REDE DE ESTRADAS PROVINCIAIS
convenios
institucións penitenciarias
A Xunta de Goberno adxudicou con preto de 400.000€ as obras de acondicionamento dos 3 primeiros quilómetros da LU-P-2902, entre Lugo e Ponte de Ombreiro; e os últimos 9 quilómetros da LU-P-1107 entre Castro e Outeiro de Rei

Aprobados dous convenios de colaboración: un con Cervantes por preto de 50.000€ para mellorar camiños de montaña na parroquia de Lamas; e outro por 23.900€ destinadoá Asociación Penitenciaria Concepción Arenalpara desenvolver un programa de reinserción laboral

Adxudicado tamén, por máis de 600.000€, a contrataciónpara a adquisiciónde dúas retrocargadoras para o Parque Móbil necesarias para o mantemento das vías municipais en toda a provincia

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por máis de 1M€ para seguir mellorando a mobilidade e a calidade de vida dos veciños e veciñas da provincia. Estes actuacións permitirán renovar e acondicionar vías provinciais nos concellos de Lugo, Castro de Rei, Outeiro de Rei; así como camiños municipais no concello de Cervantes, e reforzar o equipamento do Parque Móbil provincial.

En canto as estradas provinciais, adxudicáronse os traballos de acondicionamento nos tres primeiros quilómetros da estrada LU-P-2902, que une Lugo con Ponte de Ombreiro, por un importe de case 211.000 euros a cargo de Explotaciones Gallegas SL. O tramo comprendido entre o inicio da vía e a estación potabilizadora de augas será obxecto de reapertura de cunetas, pavimentación con aglomerado en quente e sinalización horizontal, mellorando a conexión entre a zona das Saamasas e a parroquia de Ombreiro.

Entre Castro de Rei e Outeiro de Rei, a estrada LU-P-1107, que conecta Castro con Rábade, será acondicionada nun tramo de preto de nove quilómetros cun investimento de 163.600 euros, a cargo de Construcciones Carballeira SL. Os traballos inclúen tamén reapertura de cunetas, pavimentación e sinalización, beneficiando o acceso a equipamentos e espazos públicos como a Casa das Insuas.

Melloras de camiños municipais no Pandelo, Val de Horta e Lamas

A Xunta de Goberno sacou adiante un convenio de colaboración entre a Deputación e o concello de Cervantes para renovar accesos e camiños municipais en diferentes puntos no lugar do Pandelo, Val de Horta e Lamas,na parroquia cervantega de San Xiaio de Lamas. En todos os casos, os traballos consistirán na limpeza dos camiños, reapertura de cunetas e acondicionamento do firme. Unhas tarefas que mellorarán e garantirán a seguridade destas vías municipais moi transitadas por maquinaria agrícola que se desprazan ás explotacións gandeiras que hai na zona. O orzamento total ascende a case 50.000€, dos cales a institución provincial destina practicamente a cantidade íntegra aportando 48.400€ á entidade local que terá de prazo de execución dous meses para acometer os traballos. 

Por outra banda, en materia de convenios a Deputación acordou destinar 23.900€ á Asociación Penitenciaria Concepción Arenalpara desenvolver un programa de reinserción laboral baixo o título Preparando liberdades: programa de apoio á reinserción social de persoas con trastorno por consumo de sustancias, que busca a reinserción social e laboral de persoas con trastorno por consumo de substancias nos centros penitenciarios de Bonxe e Monterroso. O obxectivo é manter a abstinencia, mellorar o benestar persoal e preparar aos participantes para a súa integración social tras a saída da prisión.

Nova maquinariapara o Parque Móbil

Finalmente, aDeputacióninvestirá máis de 600.000 euros na renovación da maquinaria do Parque Móbil para mellorar o mantemento das vías municipais en toda a provincia. Adxudicáronse unha pala de cadeas tipo Bulldozer con coitela frontal e ripper, así como dúas retrocargadoras novas, con prazo de entrega de 30 días. O contrato tamén inclúe a retirada de dúas palas cargadoras antigas. Esta actualización permitirá optimizar as obras de rehabilitación de estradas e facilitar os traballos en terreos complexos.