Carmela López celebra en Navia de Suarna “o valor gastronómico” da Androlla na súa festa de exaltación
A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, celebrou xunto ao Alcalde de Navia de Suarna, José Fernández Fernández, e deputados e deputadas provinciais, “o valor gastronómico” da Androlla na súa festa de exaltación que como vén sendo habitual cada ano celébrase cada domingo de Entroido. A institución provincial colabora con 3.000 euros para a celebración desta cita que chega a súa trixésimo quinta edición sendo unha das citas gastronómicas máis senlleiras e atraendo a milleiros de visitantes á Montaña e a provincia de Lugo.
Durante a xornada, a Presidenta felicitou aos produtores por elaborar un produto “de gran calidade” e coñeceu de primeira man o proceso artesanal deste afamado produto elaborado a base de costela de porco adobada con pementón, sal e allo. “Esta festa non só pon en valor o noso patrimonio culinario, senón que tamén impulsa a economía local, xera oportunidades de emprego e promove a Montaña lucense como destino turístico de referencia”, subliñou Carmela López.
O programa de actividades arrancou ás 10.00 horas co pasarrúas a cargo do grupo de gaitas; ás 10.30 horas tivo lugar a apertura da feira que se prolongará ata as 18:00 horas, e onde se poderán adquirir produtos típicos e tamén artesanais.