A Deputación asiste en Lugo a unha mesa redonda sobre oncohematoloxía organizada por Somos Unidos por el Cáncer
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu este xoves á mesa redonda Abordaxe integral no paciente oncohematolóxico organizada pola Asociación Somos Unidos por el Cáncer. Nesta cita, que tivo lugar no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) e que moderou a xornalista Marta Menán, participaron as doutoras Begoña Campos; Antía Iglesias; Jennifer Carreira; Diana Martínez e a enfermeira Rocío Sánchez.
Pablo Rivera puxo en valor o esforzo de entidades “coma esta que desempeñan un labor fundamental no acompañamento das persoas enfermas e das súas familias, ofrecendo información, apoio emocional e recursos nun momento especialmente complexo das súas vidas. O seu traballo complementa a atención sanitaria e contribúe a mellorar a calidade de vida dos pacientes, promovendo ademais a sensibilización social arredor do cancro e da oncohematoloxía”.