Deputación de Lugo

A Deputación súmase á campaña de recadación da Asociación Española Contra o Cancro

AECC
Pablo Rivera Capón

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, visitou este xoves a mesa informativa e de cuestación que instalou a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) na Praza de San Marcos. O obxectivo é sensibilizar aos veciños e veciñas ao respecto dunha enfermidade da que cada ano se rexistra un aumento no número de novos casos. A Rede Española de Rexistros de Cáncer (REDECAN) estimou que no 2026 o número de cánceres diagnosticados en España superará os 300.000 casos. 

Rivera Capón recordou que a institución provincial está ao carón desta entidade que, ofrece apoio ás persoas que padecen esta doenza e ás súas familias. Así mesmo, puxo en valor o labor que realiza a AECC ao longo de todo o ano, tanto no eido da investigación como no apoio emocional e asistencial ás persoas afectadas.