A Deputación súmase en Lugo aos actos conmemorativos na honra á patroa da Policía Local
O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participou este xoves nos actos celebrados con motivo da conmemoración do Día de María Auxiliadora, patroa da Policía Local. A xornada comezou diante da Casa Consistorial de Lugo coa formación dos axentes e continuou cunha misa na Catedral de Lugo. O programa de actos rematará cun evento institucional no Auditorio Fuxan os Ventos, no que se procederá á entrega das medallas de servizos da Policía Local. Ao longo da celebración recoñecerase a traxectoria e o compromiso dos axentes, así como a colaboración de distintas persoas e entidades co corpo policial.