A Vicepresidencia da Deputación colabora coas Festas de Ribadeo, que se celebran ata 8 de setembro
Lugo, 3 de setembro 2026.- O deputado Daniel García mantivo esta mañá un encontro coa Comisión de Festas de Ribadeo, que comezan esta fin de semana os días grandes e que contan co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A Mekanika Rolling Band percorrerá o luns 7 de setembro as rúas de Ribadeo ampliando a oferta musical das festas. A actuación forma parte da programación que a área de Cultura desprega na provincia en colaboración co tecido asociativo, e que suma preto de 350 actuacións musicais, espectáculos escénicos, obradoiros e proxeccións audiovisuais nos distintos concellos da provincia no que vai de ano.
O deputado Daniel García aproveitou o encontro para remarcar “a importancia da iniciativa e o traballo colectivo na celebración de festas e eventos populares, que son punto de encontro interxeracional e que reforzan a idea de comunidade e veciñanza".