Deputación de Lugo

A Deputación destaca o apoio ao sector agrogandeiro da provincia na homenaxe aos xubilados de ACRUGA

miguel fernández
Francisco Cajoto Caserío
ACRUGA
Os Deputados Provinciais, Francisco Cajoto e Miguel Fernández, asistiron este xoves á xuntanza que recoñeceu o traballo dos profesionais de ACRUGA que cesaron a súa actividade no 2025

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este xoves na homenaxe aos gandeiros e gandeiras da provincia que cesaron a súa actividade o ano 2025 por xubilación nun acto organizado pola Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Rubia Galega (ACRUGA). No acto, que contou cunha entrega de agasallos aos xubilados homenaxeados, tamén participou o Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, xunto co presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, entre outras autoridades.

Na cita, que se celebrou este mediodía no Hotel Torre de Núñez, Francisco Cajoto, destacou a significativa achega deste sector “que é estratéxico para a economía da nosa provincia”, ao tempo que recoñeceu o traballo dos profesionais retirados da gandería, aos que agradeceu por estes anos de dedicación. Deles e delas subliñou a súa “capacidade para manter o mellor das tradicións que herdamos, para modernizar o agro e por situar á Rubia Galega coma unha das principais razas cárnicas do noso país”. 

O Deputado recordou o compromiso fundamental da Deputación co sector primario e puxo en valor a calidade dos produtos do noso agro “que é resultado do bo traballo e o bo facer dos gandeiros e das gandeiras”. Un compromiso que se reflicte a través da colaboración do ente provincial cos produtores, apostando por programas de investigación e formación como os que se desenvolven no Campus Terra e na Granxa Gayoso Castro. 

Colaboración intensa con ACRUGA

Cajoto Caserío recalcou o compromiso da Deputación de Lugo cos sectores produtivos da provincia, e puxo como exemplo dese compromiso a relación de colaboración que a institución provincial mantén con ACRUGA dende hai xa anos, para seguir potenciando e poñendo en valor a raza, ademais de cooperar no centro de recría da Granxa Gayoso Castro. A institución provincial ten subscrito co colectivo un convenio de colaboración por importe de preto de 300.000€.