Cultura
Deputación de Lugo

Iria Castro solicitou á Subdelegación do Goberno o reforzo da vixilancia na zona de influencia do Museo Provincial de Lugo

rede museística
Museos
seguridade
Museo Provincial
Fachada do Museo Provincial de Lugo
Iria Castro solicitou á Subdelegación do Goberno oreforzo da vixilancia na zona de influencia do Museo Provincial de Lugo

Lugo, 4 de setembro de 2026.-  A deputada de Cultura Iria Castro e a subdelegada do Goberno en Lugo Olimpia López mantiveron esta mañá unha reunión en relación coa seguridade do Museo Provincial de Lugo.

A xuntanza, organizada a petición da institución provincial, centrouse na preocupación extendida tras as últimas sustraccións de pezas en museos españois – no Museo Arqueolóxico Provincial de Badajoz, no Museo de Albacete ou no Museo de Villena – e as advertencias lanzadas desde organismos de seguridade como Europol en relación cos obxectivos e a evolución de roubos nos museos.

A responsable provincial solicitou á Subdelegación do Goberno o reforzo da vixilancia das zona de influencia do Museo Provincial de Lugo por parte das forzas de seguridade do Estado, como medida complementaria aos protocolos e recursos propios do centro museístico, que conta con persoal de seguridade as 24 horas.