O campo da Ribela, en Sarria, estrea videomarcador co apoio da Vicepresidencia da Deputación
Lugo, 1 de setembro de 2026.- O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro achegouse ao campo de fútbol da Ribela, en Sarria, que conta desde esta semana cun novo videomarcador.
O equipamento, que se estreou este xoves durante un adestramento da Sarriana, conta cunha pantalla led, un ordenador de control e un software multimedia, adaptado ás esixencias técnicas e regulamentarias das competicións federadas.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achegou 40.000 para a compra do videomarcador, a través dun convenio de colaboración co Concello de Sarria, titular da instalación.
Na visita ao campo, xunto ao alcalde de Sarria Claudio Garrido e o concelleiro de Deportes Félix Seijas, Efrén Castro explicou que “o novo equipamento dá pulo ao campo da Ribela, que é unha das instalacións deportivas de referencia en Sarria pola dimensión deportiva e social da Sarriana”
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo tamén mantén unha colaboración co concello para realizar melloras nas pistas exteriores do Chanto. A intervención prevista, á que a institucíon provincial destina 273.000 euros, inclúe a renovación do pavimento das pistas de fútbol, tenis e padel e do mobiliario urbano da contorna.