Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

O campo da Ribela, en Sarria, estrea videomarcador co apoio da Vicepresidencia da Deputación

Sarria
VIDEOMARCADOR
ÁREA DE DEPORTES
Videomarcador no Campo da Ribela

Lugo,  1 de setembro de 2026.-   O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro achegouse ao campo de fútbol da Ribela, en Sarria, que conta desde esta semana cun novo videomarcador.

O equipamento, que se estreou este xoves durante un adestramento da Sarriana, conta cunha pantalla led, un ordenador de control e un software multimedia, adaptado ás esixencias técnicas e regulamentarias das competicións federadas.

A  Vicepresidencia da Deputación de Lugo achegou 40.000 para a compra do  videomarcador,  a través dun convenio de colaboración co Concello de Sarria, titular da instalación.

Na visita ao campo, xunto ao alcalde de Sarria Claudio Garrido e o concelleiro de Deportes Félix Seijas, Efrén Castro explicou que “o novo equipamento dá pulo ao campo da Ribela, que é unha das instalacións deportivas de referencia en Sarria pola dimensión deportiva e social da Sarriana”

A  Vicepresidencia da Deputación de Lugo tamén mantén unha colaboración co concello para realizar melloras nas pistas exteriores do Chanto. A intervención prevista, á que a institucíon provincial destina 273.000 euros, inclúe a renovación do pavimento das pistas de fútbol, tenis e padel e do mobiliario urbano da contorna.