Maite Ferreiro inaugurou a mostra agrogandeira “ExpoLugo A Rural” no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, participou este mediodía na inauguración da mostra agrogandeira “ExpoLugo A Rural”, que se celebra hoxe e mañá no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo.
Maite Ferreiro sinalou a importancia que ten a feira como “como sinal de identidade do San Froilán que, lembrou, ten orixe gandeira e como escaparate para a promoción do sector agrogandeiro que ten unha importancia central no desenvolvemento econòmico e social en Lugo e en Galiza”.
Nese senso, a vicepresidenta destacou que “a mostra conta cunha ampla representación de animais de razas autóctonas, que se manteñen grazas ao empeño de gandeiros e gandeiras orgullosos da súa orixe, da súa tradicion e do seu traballo, que apostan por producións de calidade e modelos extensivos que contribúen a frear a hemorraxia demográfica de moitas zonas do interior e de montaña”
Maite Ferreiro convidou a lucenses e visitantes a pasaren pola feira, que permanecerá aberta hoxe e mañá, en horario continuo de 11.00 a 21.00 horas e con entrada gratuíta.
PROGRAMA
Sábado 2 de outubro
11:00h.-14:30 h. XIII Curso de xuíces ganderios Raza Rubia Gallega (Ciclo formativo da Escola de Xuíces da Raza Rubia Gallega)
11:00h.-12:00 h. Ponencia Rubia Gallega “Características da raza e funcionamento do Libro Xenealóxico”, impartido por Laura Arias.
12:10 h. – Inauguración Oficial
12:00 h.-13:00 h. Ponencia “Aspectos que o consumidor debe saber de produción e consumo de carne”, impartido por Daniel Franco Ruiz, Xefe de investigación Agroalimentaria do Centro Tecnolóxico da Carne
13:00 h. -14:30 h. Degustación Profesional de Produtos Galegos de Calidade
Domingo 3 de outubro
12:15-13:00 h. Constitución da Comisión Técnica da organización de Expolugo A Rural.
13:00-14:30 h. Degustación Profesional de Produtos Galegos de Calidade
Durante os dous días:
11:00-21:00 h.Exposición de Animais de Razas Autóctonas de Galicia
11:00-21:00 h.Exposición Agroalimentaria e de Artesanía