Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación apoia ao Concello de Guitiriz nunha nova edición da XXVII Feira da Canteria, Callos e Artesanía

Guitiriz

O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, asistiu á XXVII Feira da Cantería, Callos e Artesanía que se celebrou este domingo na Carballeira de Parga, no concello de Guitiriz. A Deputación de Lugo, dentro da súa aposta por incentivar o turismo de calidade e sostible, apoia esta cita cunha achega de 2.600€ a través do Plan Único de Cooperación cos Concellos. Guitiriz contou nesta edición con 15 canteiros que participaron dende primeira hora da mañá na cita.