Deputación de Lugo

A provincia de Lugo, protagonista en Xantar

A Deputación de Lugo celebra este sábado no 23º Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar 2022 o Día da Provincia. A institución provincial conta un ano máis con presenza nesta cita internacional a través dun expositor dende o que se proxecta o potencial da provincia como destino enogastronómico e turístico. Trátase dunha acción enmarcada no traballo de apoio ao turismo levado a cabo dende a Deputación que busca impulsar iniciativas da man do sector para consolidar un turismo de calidade, sostible, de experiencias, con capacidade de atraer visitantes todo o ano, e que coida e pon en valor o patrimonio.