Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación participa en Baleira na V Feira do Mel, que exalta os produtos da Montaña

Baleira

O Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, participou este sábado na quinta edición da Feira do Mel que se celebra no Cádavo, no concello de Baleira, unha cita que promove a Asociación Montes e Vales Orientais e o Xeodestino Ancares Terras de Burón para promocionar e exaltar os produtos da Montaña. 

Fernández Rico xunto á xerente deste xeodestino, Fe Álvarez, e outras autoridades, percorreu os postos dos apicultores e asistiu á presentación do produto turístico Cociña de Ancares Terras de Burón, así como posteriormente á entrega das distincións a socios certificados dos premios do concurso de cata e dos galardóns do concurso Pintameles para o alumnado dos centros escolares da comarca.

A feira, que inclúe ao longo da xornada numerosas actividades, como obradoiros, charlas técnicas e degustacións, porá o broche final na noite deste sábado cun magosto popular.