Deputación de Lugo

Pablo Rivera pon en valor o traballo dos asociados de APREVAR no encontro anual de profesionais do sector automobilístico

ENCONTRO ANUAL; APREVAR;

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado no encontro anual organizado pola Asociación Provincial de Reparación e Venda de Automóbiles e Recambios de Lugo (APREVAR), que agrupa a 522 empresas e aglutina ao redor de 2.000 traballadores. Na cita, que tivo lugar na sede deste colectivo, o Deputado puxo en valor o traballo dos asociados de APREVAR, que representa “unha parte fundamental do tecido produtivo da nosa provincia”. “Cando falamos da industria do automóbil, hai que destacar asgrandes firmas e proxectos, pero tamén o final da cadea, o traballo de pemes e autónomos,que en talleres ou establecementos locais, forman parte desa industria”, asegurou o Deputado,que subliñou así mesmo o papel do sector para garantir a seguridade dos vehículos.


A Deputación achega este ano 40.000€ para a compra de instalacións da entidade, de máis de 2.500m 2 . APREVAR dispón nestas infraestruturas de aulas, talleres diferenciados por ramas de actividade, salón de actos e, entre outros recursos, dunha biblioteca.