Deputación de Lugo
Economía

O Presidente participa en Lugo na benvida á Asociación de Hospitais Veterinarios Universitarios de España

rof codina
Veterinaria
USC

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou esta noite no acto de benvida aos profesionais que participarán este venres nas xornadas de traballo da Asociación de Hospitais Veterinarios Universitarios de España (AHVUE) que terán lugar na Casa do Saber. Este encontro anual convócao a Fundación Rof Codina da USC, sendo a institución provincial parte do seu padroado. O evento servirá para a posta en común e a análise de asuntos de relevancia para o sector. 

Na sesión de apertura, o Presidente desexoulles aos participantes unha feliz estancia na cidade de Lugo e na provincia e dixo estar convencido que “esta reunión de traballo permitirá obter importantes conclusións no terreo da veterinaria, que é o mesmo que dicir que serán importantes para o conxunto da sociedade”. Ao acto tamén asistiron outras autoridades como a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o reitor da USC, Antonio López; ou o secretario Xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, entre outros.