Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Medio Rural da Deputación financiará melloras no abastecemento de auga en Barreiros

VICEPRESIDENCIA DEPUTACÍON LUGO
medio rural
Mónica Freire
SERVIZOS NO RURAL
Barreiros

Medio Rural da Deputación de Lugo colaborará na renovación de tubaxes de auga potable que atravesan parte do núcleo de Vilar cara A Barcela, en Barreiros.

A través dun convenio asinado co Concello de Barreiros, a área dirixida por Mónica Freire achegará máis de 42.000 para as actuacións, que consistirán na renovación total da tubaxe principal -actualmente de fibrocemento- e a preparación das acometidas a inmobles.

Trátase dunha zona na que se están construíndo novas vivendas unifamiliares, polo que contar cuns servizos de calidade é fundamental para que ese asentamento da poboación en pequenos núcleos sexa permanente, segundo se expuxo na visita que a responsábel provincial realizou ao lugar, acompañada pola alcaldesa Ana Ermida e concelleiras e concelleiros do goberno municipal.

Mónica Freire constatou a boa receptividade da veciñanza a este tipo de investimentos que “moitas veces non se valoran porque non se ven ao ir soterrados, pero son fundamentais para o funcionamento normal dos servizos e o asentamento de poboación nos núcleos rurais, que e ó obxectivo das accións que desenvolvemos desde a área de Medio Rural".

O Concello de Barreiros vén de iniciar o proceso para adxudicar as obras, cun investimento duns 45.000 euros.