Deputación de Lugo
Economía

A Deputación acolle unha xornada sobre o novo modelo tributario dos autónomos

INSS
TGSS

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este mércores no Salón de Actos da Deputación de Lugo nunha xornada sobre novo modelo tributario dos traballadores autónomos, organizada pola Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social de Lugo. O encontro permitiu coñecer aos asistentes a nova normativa que entra en vigor o 1 de xaneiro. García Porto cualificou a xornada como de “gran interese” para a cidadanía, e destacou que “dentro do apoio ao tecido produtivo, as accións dirixidas ás pequenas e medianas empresas, e ós autónomos son sempre prioritarias para a institución provincial”. A Deputación de Lugo retransmitiu en directo a través do servizo de Audiovisuais esta xornada, que poderá verse posteriormente na seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=X7H1M22wNnw.