Última semana para seguir desfrutando das actividades do XuvenLugo, que conta co apoio de Mocidade
Mónica Freire convidou as familias a aproveitar esta primeira semana do ano para achegarse ao XuvenLugo, que conta co apoio da área de Mocidade da Deputación de Lugo.
O salón de ocio infantil e xuvenil do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo ofrece nesta edición diferentes zonas de actividades, desde unha ludoteca para nenos de 0 a 7 anos, ata xogos recreativos, minigolf, pista de slot, inchables, atraccións, un touro mecánico, unha scape room ou o rocódromo, incluídas no prezo da entrada.
Ademais das visitas individuais, diferentes concellos están a aproveitar as datas de Nadal para organizar xornadas de ocio e convivencia para as crianzas, con visitas en grupo, que facilitan que nenas e nenos das diferentes comarcas desfruten desta proposta de lecer.
O XuvenLugo, que arrancou o pasado 3 de decembro, estará aberto aínda durante esta semana, coa excepción do día 5.