Deputación de Lugo

Última semana para seguir desfrutando das actividades do XuvenLugo, que conta co apoio de Mocidade

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
mocidade
Mónica Freire
XuvenLugo
OCIO

Mónica Freire convidou as familias a aproveitar esta primeira semana do ano para achegarse ao XuvenLugo, que conta co apoio da área de Mocidade da Deputación de Lugo.

O salón de ocio infantil e xuvenil do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo ofrece nesta edición diferentes zonas de actividades, desde unha ludoteca para nenos de 0 a 7 anos, ata xogos recreativos, minigolf, pista de slot, inchables, atraccións, un touro mecánico, unha scape room ou o rocódromo,  incluídas no prezo da entrada.

Ademais das visitas individuais, diferentes concellos están a aproveitar as datas de Nadal para organizar xornadas de ocio e convivencia para as crianzas, con visitas en grupo, que facilitan que nenas e nenos das diferentes comarcas desfruten desta proposta de lecer.

O XuvenLugo, que arrancou o pasado 3 de decembro, estará aberto aínda durante esta semana, coa excepción do día 5.