Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación participa na Festa do Caldo de Ósos de Taboada

Taboada
caldo de ósos
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo acompañou na mañá deste domingo aos asistentes nesta tradicional cita gastronómica que exalta os produtos derivados do porco e impulsa a hostalería local

A Deputada de Turismo, Pilar García Porto, asistiu na mañá deste domingo á Festa do Caldo de Ósos de Taboada, que chega a súa trixésimo primeira edición. No evento, que congregou a numerosas persoas, a Deputada asistiu ao pregón, que este ano correu a cargo do poeta e intérprete de zanfoña Francisco Xabier Almuíña, Posteriormente, degustou este prato típico ofrecido polos hostaleiros locais e visitou os expositores de exposición e venda de produtos do campo e de derivados do porco como o lacón, o xamón, os queixos da Ulloa ou viño da Ribeira Sacra.

García Porto aproveitou para destacar “a calidade deste saboroso caldo”, que tradicionalmente se cociñaba nas casas na época da matanza. Ademais, a Deputada felicitou aos taboadeses “por manter viva a súa receita xeración tras xeración”. Citas gastronómicas coma esta, apuntou, “son claves para dinamizar a economía local e a do conxunto da provincia de Lugo a través das nosas tradicións”.

Durante toda a xornada, os restaurantes da localidade ofrecen menú único a base de caldo, costelas e postres típicos. A cita conta tamén con showcookings, música e exposición de coches clásicos e das Fachas de Taboada