Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

Usuarios e usuarias de ALUME visitan o Centro de Audiovisuais da Deputación de Lugo

ALUME

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, recibiu aos usuarios e usuarias da Asociación ALUME Saúde Mental que visitaron este xoves o Centro de Audiovisuais da Deputación de Lugo. Os beneficiarios coñeceron o estudio de gravación e as zonas técnicas que se atopan nas instalacións provinciais. A Deputación colabora de forma permanente coa entidade lucense con diferentes iniciativas como o programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia, así como cunha achega anual de 25.000€ para o funcionamento do colectivo.