Deputación de Lugo

A Deputación convoca unha concentración silenciosa en apoio e solidariedade co pobo ucraíno

Ucraína

Deputados e deputadas provinciais xunto a traballadores e traballadoras da institución provincial e veciños e veciñas sumáronse este venres á concentración silenciosa convocada pola Deputación de Lugo na Praza de San Marcos, logo dun ano terrible de guerra en Ucraína, en apoio e solidariedade co pobo ucraíno e cos millóns de desprazados, así como para urxir o final do conflicto bélico orixinado polo Presidente ruso contra a nación de Ucraína e o restablecemento da paz e a legalidade democrática internacional.