Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación participa en Castroverde na homenaxe a Manuel Cordeiro Pérez polo 8-M

homenaxe
CORDEIRO
Castroverde
8M
José Tomé Roca acompañou ao Alcalde, Xosé María Arias, na inauguración dunha escultura na Praza do Concello en memoria do deputado republicano impulsor do voto feminino, nado no municipio, na parroquia de Riomol

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao Alcalde de Castroverde e Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias, participou este domingo na inauguración da escultura en memoria de Manuel Cordeiro Pérez, deputado republicano socialista nado na localidade, na parroquia de Riomol, que impulsou o voto feminino. O Concello organizou este acto en conmemoración do 8-M, Día Internacional da Muller.

Asistiron tamén a Concelleira de Cultura, Deporte, Educación e Xuventude, Pilar Ferreiro; o escultor e creador do busto, Miguel Couto; o historiador e cronista oficial do concello de Castroverde, Ricardo Polín; e distintos representantes locais, ademais de veciños e veciñas. A homenaxe foi impulsada por Cristina Castedo Pereira, veciña do municipio.

O Presidente da Deputación destacou a importancia do traballo realizado por Cordeiro Pérez e destacou “a súa loita pola igualdade real. Un feito polo que aínda hoxe seguimos loitando dende a sociedade e dende a política”. O grupo Zuncurrundullo de Castroverde puxo música ao acto.