Deputación de Lugo
Infraestruturas

Corte de tráfico este xoves e venres na estrada de Martín, en Baleira, para realizar un estudo xeotécnico

rede viaria provincial
Imaxe deputación de lugo
Os traballos resultan necesarios para acometer, cun investimento de 129.000€, as obras de arranxo da vía, danada polo temporal de choivas

A estrada provincial LU-P-0406, de Martín a Crende, no concello de Baleira, permanecerá cortada este xoves e venres, 2 e 3 de marzo, á altura do punto quilométrico 2,700. A Deputación de Lugo leva a cabo esta interrupción da circulación para realizar o estudo xeotécnico que resulta necesario para restituír o sostemento da calzada neste punto, unhas obras que contan cun investimento de 129.000€. Esta vía provincial viuse afectada polo temporal de fortes choivas do mes de xaneiro. Os cortes estarán debidamente sinalizados para que os usuarios e usuarias da estrada poidan tomar desvíos alternativos.