Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

García Porto desfruta coa veciñanza de Taboada do concerto de Caamaño&Ameixeiras organizado pola Deputación polo 8M

Taboada
MULLER E IGUALDADE
CICLO CONCERTOS CON VOZ DE MULLER 8-M

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, asistiu en Taboada ao concerto da banda feminina Caamaño&Ameixeiras dentro do ciclo Con voz de Muller 8M, impulsado pola Deputación de Lugo con motivo do Día Internacional da Muller, que se conmemora cada 8 de marzo. Este ciclo de actuacións musicais de acceso libre e gratuíto abriuse o venres en Vilalba coa Banda da Loba e remata mañá domingo cos concertos de Catuxa Salom na Fonsagrada e Margarida Mariño en Viveiro, ás 19:00 horas.