Éxito de participación na mostra de razas autóctonas de Arante, co apoio de Medio Rural da Deputación de Lugo
![Mónica Freire no punto informativo de Boaga na mostra, xunto a gandeiros e técnicos](/sites/deputacionlugo.org/files/2023-04/WhatsApp%20Image%202023-04-24%20at%2009.49.44%20%281%29.jpeg)
Arante acolleu este sábado a primeira mostra de razas autóctonas, organizada pola Asociación de Veciños coa colaboración de Medio Rural da Deputación de Lugo. Un evento novo no calendario das feiras e exposicións de gando da Mariña que tivo unha boa acollida por parte das gandeirías e da veciñanza da comarca.
Máis de medio cento de exemplares de razas bovinas autóctonas, ovella e cabra galega, galiña de Mos, cabalo de Pura Raza Galega e porco celta puideron verse no recinto gandeiro, punto central dunha xornada lúdica con comida popular, carreiras de cabalos, xogos tradicionais e verbena.
Mónica Freire felicitou a Asociación de Veciños de Arante pola iniciativa, "que demostra o potencial da tradición gandeira como motor de dinamización económica e social" e destacou a importancia de "promocionar as razas autóctonas e os seus produtos derivados ante o sector e ante a sociedade no seu conxunto".