Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Recoñecemento a gandeirías, xinetes e amazonas nas Quendas de Mondoñedo, que contaron co apoio de Medio Rural

VICEPRESIENCIA DEPUTACIÓN LUGO
medio rural
Mónica Freire
AS QUENDAS
feira de gando
RAZAS AUTÓCTONAS

Medio Rural da Deputación de Lugo colaborou un ano máis coa Asociación As San Lucas na organización das Quendas de Mondoñedo, que viviron este luns o seu día grande coa feira de gando tradicional, con gando cabalar e vacún,  e unha exposición de razas autóctonas, con exemplares de ovella e cabra galega, razas bovinas autóctonas, cabalos de Pura Raza Galega e porco celta.

A área dirixida por Mónica Freire achegou os trofeos que recibiron as gandeirías e os xinetes e amazonas premiadas, nunha xornada que volveu poñer de manifesto o interese que esperta esta cita máis aló da comarca e a implicación das novas xeneracións na continuidade da tradición gandeira.

 

Medio Rural da Deputación tamén colaborou, a través de Puraga, co organización do certame morfolóxico de Pura Raza Galega e do concurso de andadura de cabalo marchador galego que se celebraron onte.