Recoñecemento a gandeirías, xinetes e amazonas nas Quendas de Mondoñedo, que contaron co apoio de Medio Rural
![](/sites/deputacionlugo.org/files/2023-05/WhatsApp%20Image%202023-05-01%20at%2012.54.14.jpeg)
Medio Rural da Deputación de Lugo colaborou un ano máis coa Asociación As San Lucas na organización das Quendas de Mondoñedo, que viviron este luns o seu día grande coa feira de gando tradicional, con gando cabalar e vacún, e unha exposición de razas autóctonas, con exemplares de ovella e cabra galega, razas bovinas autóctonas, cabalos de Pura Raza Galega e porco celta.
A área dirixida por Mónica Freire achegou os trofeos que recibiron as gandeirías e os xinetes e amazonas premiadas, nunha xornada que volveu poñer de manifesto o interese que esperta esta cita máis aló da comarca e a implicación das novas xeneracións na continuidade da tradición gandeira.
Medio Rural da Deputación tamén colaborou, a través de Puraga, co organización do certame morfolóxico de Pura Raza Galega e do concurso de andadura de cabalo marchador galego que se celebraron onte.