Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Viveiro acolle este venres unha cata de IXP Terras do Navia, impulsado pola Vicepresidencia da Deputación

IXP TERRAS DO NAVIA
Viveiro

FRUGA e a Asociación Galega de Viticultura, en colaboración coa área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a tenencia de alcaldía de Viveiro, organizan este venres, 5 de xullo, unha cata e coloquio dos viños da Indicación Xeográfica Protexida Terras do Navia. O Centro Comarcal de Viveiro acolle  ás 17.00 horas esta cita que contará coa presencia de adegueiros e sumillers que darán a coñecer viños co selo da IXP a hostaleiros e hostaleiras de Viveiro.  As accións promocionais continuarán cunha cata en Barreiros o 12 de xullo.