Axenda Institucional
Deputación de Lugo

Constituída a Xunta de Goberno

Xunta de Goberno

Este venres quedou constituída a nova Xunta de Goberno da Deputación de Lugo, que se reunirá todos os venres ás 11:00 horas, salvo que coincida con días festivos ou inhábiles. Este órgano está presidido polo Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e tamén o integran o Vicepresidente, Efrén Castro, e os deputados e as deputadas Pilar García Porto,  Pablo Rivera Capón, Mayra García Bermúdez, Miguel Fernández Méndez,  Xosé María Arias Fernández,  Iván Castro Díaz e Daniel García Fernández.  
A Xunta de Goberno aceptou exercer as competencias ás que fai referencia o artigo 59 do Regulamento Orgánico da Corporación Provincial. Algunhas das súas funcións son aprobar os proxectos de obras e servizos da súa competencia, adxudicar os contratos de contía superior á dos contratos menores, conceder subvencións ou aprobar convenios de colaboración, entre outras.