Daniel García asistiu á reunión anual do IBADER

O deputado de Medio Rural, Mar e Mocidade Daniel García participou este xoves na reunión anual da Xunta de Goberno do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) do Campus Terra da USC, na que se presentou a memoria de actividades de investigación e asesoramento desenvolvidas no 2022, en materia de medio ambiente, biodiversidade, territorio, sistemas tradicionais e sustentables de explotación agrícola, gandeira e forestal, xestión dos chans e valorización dos resíduos.
Tamén se valoraron proxectos en marcha nesta anualidade como a mellora e recuperación de espazos naturais a través da xestión de especies invasoras que se está a desenvolver, entre outros puntos, na contorna da praia de Arealonga, en Barreiros.