Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación colabora coas 37ª Xornadas Penitenciarias Concepción Arenal, que afondan na xustiza restaurativa

xornadas penitenciarias concepcion arenal

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participou este venres á tardiña na inauguración das 37ª Xornadas Penitenciarias Lucenses, organizadas pola asociación penitenciaria Concepción Arenal no Vello Cárcere de Lugo. Esta edición céntranse no concepto de xustiza restaurativa e contan un ano máis coa colaboración da Deputación de Lugo. Fernández tamén participou na entrega das Medallas outorgadas a personalidades destacadas pola súa colaboración desinteresada coa asociación ou en beneficio da reinserción social. As xornadas, que se celebran entre hoxe e mañá, inclúen conferencias, mesas redondas e proxeccións. 

 

Entrega de medallas das Xornadas Penitenciarias