Deputación de Lugo

A Deputación presenta 6 exemplares da Granxa Gayoso á última Poxa de Raza Rubia Galega que se celebra este ano en Adai

POXA
granxa gayoso castro
adai
O Corgo

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este sábado na Poxa de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega que se celebrou no recinto feiral de Adai, no concello do Corgo. Esta cita é a última que se fai este ano neste lugar e que, coma sempre, espertou un gran interese entre os gandeiros ao ter carácter nacional.   

Do total das 12 cabezas de gando, a Deputación presentou 6 xatas preñadas entre os 25 e 30 meses procedentes da Granxa Gayoso Castro cun prezo de saída de 2.000 euros, e que acadaron un prezo medio de 2.900€ e un prezo máximo final que chegou aos 3.250€. A maiores presentáronse outras 3 novillas procedentes de gandeiros de Lugo e o Corgo, e 3 machos, 2 procedentes do centro de ACRUGA e outro dun criador da provincia. 
 

Poxa de Adai