Deputación de Lugo

A tenreira galega, protagonista na degustación impulsada pola Deputación en Cervantes

Cervantes

Cervantes acolleu este sábado a III Xornada de Degustación da Tenreira Galega, organizada polo ANPA do colexio da localidade, a cooperativa A Carqueixa e o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ancares co apoio da Deputación de Lugo. O Deputado de Medio Ambiente e tamén Alcalde da Fonsagrada, Carlos López, participou neste encontro gastronómico no que se repartiron 300 racións e que naceu co obxectivo de promocionar a calidade dos produtos de proximidade e favorecer a actividade socioeconómica no rural. Trátase dunha actividade enmarcada na colaboración económica, cunha achega de 4.000€, que a institución provincial ofrece a colectivos que traballan na Reservas da Biosfera dos Ancares Lucenses e Terras do Miño. 

 

Tenreira cervantes