Deputación de Lugo
Economía
Emprego

O Presidente da Deputación de Lugo participa nos actos do 25 aniversario do Pazo de Feiras

pazo de feiras

O Presidente da Deputación de Lugo e vicepresidente do padroado do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, José Tomé Roca, participou este venres nos actos que se celebraron con motivo do 25 aniversario destas instalacións. Destacou o mandatario provincial a importancia desta dotación, desde a que se contribúe a favorecer a actividade económica dos sectores produtivos da provincia, nomeadamente os máis estratéxicos, como o agrogandeiro, o forestal, o turismo, a hostalería e o comercio.

A Deputación colabora co Pazo de Feiras cunha achega anual que supera os 200.000€ entre os gastos da instalación –asume o 35%- e o apoio económico que destina á maioría dos eventos que acollen o recinto.

A programación inclúe unha mesa redonda sobre a tarefa dinamizadora do Pazo de Feiras, unha comida coas persoas que estes anos exerceron como patróns e un evento musical co actuación das orquestras París de Noia e Trébol, da Disco Móbil Hermo e de Marcos Peón.