Deputación de Lugo

Aprobado o Orzamento para o ano 2024 do Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo con 5,8M€

Consorcio de Bombeiros
Orzamentos2024
Imaxe deputación de lugo
A Deputación de Lugo achega o 50% deste presuposto para a prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento cos parques de bombeiros de Monforte de Lemos, Chantada, Sarria, Barreiros, Vilalba e Viveiro na vindeira anualidade

O Presidente da Deputación e do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, José Tomé Roca, presidiu este luns o Pleno desta entidade no que se aprobou un Orzamento de 5,8M€ para o ano 2024, que se incrementa así un 2,65% con respecto ao 2023. A Deputación achega o 50% do presuposto.

Estes orzamentos garanten o funcionamento dos seis parques do Consorcio –Monforte de Lemos, Chantada, Sarria, Barreiros, Vilalba e Viveiro-, que contan con 20 efectivos cada un.

Dos 5.803.624,01€ que contempla o Orzamento do 2024, un total de 4,6M€ están destinados a facer fronte aos salarios dos traballadores e traballadoras, 944.100€ a gastos correntes, preto de 140.000€ ao fondo de continxencia e 30.876€ a investimentos.

Polo que respecta aos ingresos, proveñen das achegas da Deputación e da Xunta de Galicia a partes iguais e de UNESPA (Asociación Empresarial del Seguro).