Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Finalizadas as accións de información da Asociación de Produtores de Leite Ecolóxico de Galicia a gandeiros, sobre benestar animal e caderno dixital

ÁREA MEDIO RURAL
Asociación de Produtores de Leite Ecolóxico de Galicia
GANDEIRÍA
CENTRO DE ARTESANÍA E DESEÑO
O 27 de outubro celebrouse a xornada de benestar animal, con teoría e práctica

Hoxe, pechouse coa xornada sobre o uso do obrigatorio caderno dixital nas explotacións gandeiras

A Asociación de Produtores de Leite Ecolóxico de Galicia, que agrupa a 34 explotacións de toda Galicia, realizou hoxe unha xornada en Lugo, no Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo, sobre o uso do caderno dixital nas explotacións gandeiras, e que será de uso obrigatorio a partir do 1 de setembro de 2024 para explotacións con máis de 30 hectáreas.

É importante dar a coñecer esta circunstancia e o seu funcionamento ás explotacións que están obrigadas, así como ás que, de forma voluntaria, desexen empregar este formato dixital do caderno que, até o momento, a gran maioría estaban a utilizar na versión papel.

Para ensinar o uso do caderno dixital contouse coa colaboración de Agronovo, unha asesoría e entidade de aconsellamento que conta cun caderno comercial desenvolto pola mesma empresa. Así, se lles explicou de forma práctica todas as accións que deben ser recollidas no caderno e, ademais, o uso da aplicación móbil SGA@PP, para os beneficiarios de axudas PAC, e as novidades da PAC para 2024.

Esta xornada da fin ás actividades financiadas en 2023 pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo á asociación, grazas á Área Rural, do Mar e Mocidade, encabezada polo deputado Daniel García Fernández que, por coincidencia co Pleno da Deputación, non puido asistir no día de hoxe.

A primeira destas actividades foi unha xornada sobre o benestar animal nas explotacións de gando vacún, nas que participaron Nina Vázquez, veterinaria e auditora en benestar animal, así como Carlos Rodríguez Rodríguez, da área rural na Deputación. Foi celebrada o 27 de outubro.

Nesa xornada, se lles amosou a importancia de preservar o benestar animal nas explotacións, así como os aspectos prácticos a ter en conta no día a día dos animais, que redundan en beneficios económicos para as granxas.

Joaquín García Gómez, presidente da asociación, así como da Organización de Produtores de Leite Ecolóxico de Galicia, valorou positivamente as actividades realizadas, das que espera unha continuidade en 2024 e con máis participación de futuros novos gandeiros da asociación, así como doutros no sector.