Deputación de Lugo

A Deputación felicita aos gañadores do Cogomelo Lucus 2023

COGOMELO
LUCUS
sociedade micolóxica

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, participou este mércores no acto de entrega do premio Cogomelo Lucus 2023, que outorga a Sociedade Micolóxica Lucus. Un recoñecemento que se lle fixo este ano a Jorge Santoro de Membiela e a José Ramón Pato no Restaurante España de Lugo. 

López felicitou aos premiados e uniuse á degustación de cogomelos que promoveu o colectivo. “Son sempre iniciativas que non só nos conectan coa riqueza natural da provincia, senón que tamén destacan a importancia de preservar o noso entorno e a súa biodiversidade”, afirmou o Deputado, quen engadiu que “na provincia de Lugo contamos cunha abundancia de bosques que albergan unha variedade impresionante de especies de fungos. Este evento non só nos ofrece a oportunidade de gozar de deliciosos sabores, senón tamén de reflexionar sobre a necesidade de protexer e conservar a nosa contorna para as xeracións futuras". 

Así mesmo, o titular de Medio Ambiente engadiu que as políticas da Deputación nacen do compromiso coa preservación do medio ambiente e a promoción de prácticas sostibles, ademais de “traballarmos para xerar riqueza e emprego sostible no rural da nosa provincia, e fixar así poboación, aproveitando os grandes recursos naturais propios”.