Deputación de Lugo
Innovación e TIC

Aberto hoxe e mañá o espazo da Deputación e o INCIBE en San Marcos para formar en ciberseguridade

Ciberseguridade

A Deputación de Lugo e o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), dependente do Ministerio de Transformación Dixital, poñen a disposición da cidadanía diferentes dispositivos para formar e informar sobre as ameazas de internet. A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolle hoxe e mañá, de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas, Experiencias itinerantes sobre ciberseguridade, cunha zona informativa e outra de actividades gratuítas enfocadas a detectar os riscos e previr os problemas máis habituais en materia de ciberseguridade.