Deportes e mocidade
Deputación de Lugo
Turismo

O Presidente recibiu ao piloto Eduardo Iglesias, que volverá ao Dakar coa axuda da Deputación

Eduardo Iglesias
Rally Dakar
A institución provincial achegará 15.000€ para que o monfortino participe do 5 ao 19 de xaneiro na proba que terá lugar en Arabia Saudita

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu este martes ao piloto de motos monfortino Eduardo Iglesias, e anunciou na Praza de San Marcos que a institución provincial achegará 15.000€ para que o deportista poida participar no Rally Dakar 2024, que se celebrará do 5 ao 19 de xaneiro en Arabia Saudita.

Destacou o Presidente que con cinco participacións consecutivas nunha das probas máis duras do mundo, Iglesias rematou o circuíto en 3 das ocasións, conseguindo no 2021 acabar no posto 53, a súa mellor marca. O piloto monfortino promocionará a provincia de Lugo portando o escudo da Deputación na moto, na súa vestimenta, na furgoneta e nunha carpa.

“Apoiamos o talento e o esforzo dos deportistas da nosa provincia, polos valores que transmite o deporte para construír unha sociedade mellor e pola súa capacidade para promocionar o noso territorio e atraer turismo”, sinalou o Presidente, quen destacou ademais a repercusión deste evento deportivo “con máis de 200 millóns de espectadores”.

Durante o acto desta mañá en San Marcos, José Tomé sinalou que “é unha satisfacción colaborar de novo con Eduardo Iglesias e co seu equipo. É un orgullo que sexa o embaixador da provincia de Lugo no Rally Dakar”.