Deputación de Lugo
Infraestruturas

O Presidente da Deputación de Lugo valora o anuncio do Goberno de abrir o día 30 a A-6 dirección Madrid

Pedrafita
goberno do estado
autovía
a-6
José Tomé Roca, xunto ao Presidente da Comisión de Transportes do Congreso dos Deputados, José Ramón Gómez Besteiro, e os alcaldes de Pedrafita, José Luis Raposo, e de Vega de Valcarcel, María Luisa González, supervisaron este martes as obras de reconstrución dos viadutos do Castro

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, valorou o anuncio do Goberno de España de abrir o vindeiro día 30 de decembro a A-6 en dirección Madrid, “cumprindo así coa provincia de Lugo e co conxunto de Galicia”, pois respéctanse estritamente os prazos marcados polo Executivo para acometer as obras de reconstrución dos dous viadutos do Castro entre Pedrafita do Cebreiro e Vega de Valcarce. Así o manifestou o mandatario provincial na supervisión este martes dos traballos dos viadutos, onde o Presidente da Comisión de Transportes do Congreso dos Deputados, José Ramón Gómez Besteiro, avanzou a data da apertura da autovía. Tamén asistiron o Alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo, e a Alcaldesa de Vega de Valcarce, María Luisa González. O Presidente da Deputación incidiu en que, mentres o Goberno do Estado “cumpre coa provincia e con Galicia”, a Xunta segue con “graves incumprimentos”, como é o “abandono” da estrada autonómica LU-651, no Courel. O Goberno galego aínda non arranxou, despois de case dous anos, o derrubamento que sufriu a vía entre Folgoso e Quiroga, e non construíu “un só quilómetro” entre Folgoso e Seoane.