Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación participa no arranque da Feira do Capón de Vilalba e destaca o alto valor do produto

Feira do Capón
Vilalba

O Deputado de  Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias, xunto á Alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, visitou este xoves a Feira do Capón celebrada na capital chairega, na que produtores de toda a comarca poñen á venda uns 1.000 pares de capóns. Visitantes de toda Galicia e doutras partes de España acudiron hoxe á carpa instalada na Praza da Constitución.

Arias agradeceu o labor do Concello e da Alcaldesa, a participación e o bo facer dos produtores e loou o alto valor do produto. “Dende a Deputación de Lugo estamos e estaremos sempre do lado do sector primario e por iso, como non podía ser doutra maneira, colaboramos coa proxección desta cita. Estamos ao carón de todas as persoas que traballan para manter vivo e impulsar o rural”, valorou.