Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo construirá un aparcamento no polígono de Paradela cun investimento de 130.000€

Xunta de Goberno
poligono industrial
paradela
estacionamento
A Voceira socialista do Executivo, Pilar García Porto, informou de que a Xunta de Goberno aprobou este venres a adxudicación das obras no parque industrial que xestiona a propia institución provincial, coas que “dotará de máis servizos ás empresas e será un valor engadido para atraer novos proxectos empresariais á zona”

Estará situado na entrada do polígono, xusto ao carón da estrada provincial LU-P-4201, á altura do quilómetro 1,2, e, cunha superficie de 1.720 metros cadrados, contará con 42 prazas, dúas delas adaptadas

A Voceira socialista do Executivo provincial, Pilar García Porto, informou de que a Xunta de Goberno aprobou este venres a adxudicación das obras para a construción dun aparcamento no polígono industrial de Paradela, que xestiona a propia Deputación de Lugo, por un importe de algo máis de 130.000€. A empresa adxudicataria é Oligalia Contratas. Un estacionamento co que a institución provincial “dotará de máis servizos ás empresas e será un valor engadido para atraer novos proxectos empresariais á zona”, subliñou García Porto.

Estará situado na entrada do parque empresarial, xusto ao carón da estrada provincial LU-P-4201, á altura do quilómetro 1,2, e, cunha superficie de 1.720 metros cadrados, contará con 42 prazas, dúas delas adaptadas.

Os traballos consistirán na demolición do muro de mampostería existente e tamén do firme da estrada provincial no lugar no que se vaia facer o estacionamento. Así mesmo, será necesario retirar terra e facer desmonte, ademais de escavar pozos para a rede de pluviais. Contémplase tamén colocar tubaxe para canalizar a auga e sumidoiros. Logo, farase o correspondente afirmado, pavimentación e sinalización, tanto horizontal coma vertical. O  prazo de execución destas obras é de 2 meses, unha vez iniciadas.

Roupa de traballo para o persoal da Deputación
Por outra banda, a Voceira socialista do Goberno, explicou que a Xunta de Goberno aprobou adxudicar o contrato para o subministro de equipos de protección individual, roupa de traballo e informes para o persoal da Deputación por un importe de 60.137€ á empresa Construdeco Norte. Unha firma da Mariña, “o que redunda tamén na xeración de riqueza no territorio”, destacou a Deputada.