Deputación de Lugo
Medio ambiente

A Deputación colabora na décima edición da revista Micolucus e acolle a súa presentación en San Marcos

Micolucus

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, e o presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, Julian Alonso, presentaron este xoves no Salón de Actos do Pazo de San Marcos a décima edición da revista Micolucus, que conta tamén cunha achega da Deputación de Lugo de 3.500€.

Destacou o Deputado o labor deste colectivo para preservar a riqueza e a diversidade do medio ambiente, “un patrimonio que debemos coidar para deixar ás futuras xeracións, e que debemos aproveitar con intelixencia para desenvolver modelos de desenvolvemento sostible”. Puxo os cogomelos como exemplo desa diversidade.

Na presentación entregouse, de xeito gratuíto, un exemplar da revista a cada asistente.