Axenda Institucional
Deputación de Lugo

A Deputación participa este sábado no izado da bandeira polo bicentenario da Policía Nacional

policía nacional

A Deputación de Lugo sumouse este sábado aos actos conmemorativos celebrados con motivo do 200 aniversario da creación da Policía Nacional, nos que se procedeu ao izado da bandeira de España nas Comisarías Provinciais de Lugo, Viveiro e Monforte de Lemos. 

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participou na cerimonia celebrada na capital, que estivo presidida polo Comisario Xefe do Corpo Nacional de Policía en Lugo, Luis Miguel Romera Pérez, e a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez López, e á que asistiu numeroso público civil e membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. 

A Policía Nacional é o corpo estatal máis antigo de todas as Forzas e Corpos de Seguridade de España. Foi a Real Cédula de 13 de xaneiro de 1824 a que creou a Policía Xeral do Reino, primeiro corpo policial con dimensión nacional coa función de garantir o ben e a seguridade pública.